Aberto o prazo para solicitar o pavillón polideportivo municipal en Barreiros para a tempada 2025-2026

O Concello de Barreiros anunciou, mediante resolución oficial, a apertura do prazo para solicitar o uso do pavillón polideportivo municipal durante a tempada 2025-2026, que se estenderá do 1 de outubro de 2025 ao 30 de xuño de 2026.
As persoas ou entidades interesadas teñen de prazo para presentar as súas solicitudes desde o 2 ata o 19 de setembro, ambos os dous incluídos. As peticións deberán entregarse nos rexistros municipais, de forma presencial ou a través da vía electrónica, utilizando o modelo normalizado que se pode obter nas oficinas xerais do Concello ou na súa páxina web.
Desde o Concello lembran que para consultar todos os detalles e condicións da convocatoria, se pode acceder á resolución completa no apartado de deportes da web municipal: www.concellodebarreiros.gal.