Aberto o prazo para solicitar as bolsas e axudas ao estudo do Concello de Xove
Aberto o prazo para solicitar as becas e axudas ao estudo para o curso 2022/2023 do Concello de Xove e que estará aberto ata o 29 de novembro de 2022.
A documentación a presentar para solicitar as bolsas e axudas ao estudo segundo as bases vixentes son a solicitude, declaración doutras axudas obtidas para a mesma finalidade e certificación acreditativa do cumprimento dos requisitos, obrigas e condicións necesarias para a obtención da bolsa, unha fotocopia do DNI do solicitante e do Libro de Familia, un certificado ou acreditación de estar matriculado/a nos estudos para os que se solicita a axuda, as notas acadadas no curso 2021/2022, con excepción de educación infantil e primaria, unha fotocopia compulsada da Declaración da Renda de todos os membros maiores de idade da unidade familiar ou certificado negativo de Facenda ou calquera outro documento acreditativo dos ingresos familiares, así como unha certificación expedida pola entidade bancaria no que conste o número de contra e titular da mesma.
As solicitudes tramítanse no departamento de Servizos Sociais do Concello chamando ao 982 592 001. No caso de que se desexe facer a presentación da solicitude a través da sede electrónica haberá que facelo no seguinte ligazón.