Aberto o prazo para participar no certame fotográfico “Xove, a súa costa e o seu mar”

AMariñaXa
As persoas interesadas poderán presentar as súas fotografías ata o 30 de setembro na Casa do Concello
Fotografía-Medioambiental-Xove-xove-2023--1º-PREMIO---GERMÁN-PALEO-NAVARRO-con-Dereito-ou-reves-cortada
26 Aug 2025

O Concello de Xove vén de convocar a undécima edición do seu Concurso de Fotografía Medioambiental, unha iniciativa que busca fomentar a creatividade e a participación cidadá na defensa da natureza a través da imaxe. Baixo o lema “Xove, a súa costa e o seu mar”, o certame convida a persoas de calquera idade a presentar instantáneas que reflictan a riqueza paisaxística e mariña do municipio.

As bases establecen que as persoas interesadas deberán entregar a documentación requirida nun sobre pechado co título do concurso escrito no exterior. No interior deberán incluír a ficha de inscrición e a declaración de autoría, unha copia do NIF e un CD ou pendrive coas imaxes en formato dixital. As propostas poderán rexistrarse na Casa do Concello ou enviarse por correo postal ordinario, sempre que a data de presentación non supere o 30 de setembro de 2025.

O certame contempla unha única categoría con cinco premios en metálico: 120 euros para o primeiro posto, 100 para o segundo, 90 para o terceiro, 75 para o cuarto e 65 para o quinto.

Con esta convocatoria, o Concello de Xove reafirma o seu compromiso co coidado do medio natural e anima á veciñanza a plasmar, a través da fotografía, a beleza e a importancia da súa contorna.

⚙ Configurar cookies
0.10799884796143