Aberto o prazo para participar na VII Feira de Artesanía Os Muíños de Mondoñedo

AMariñaXa
Aberto o prazo de inscrición para a Feira de Artesanía Os Muíños de Mondoñedo. Este encontro celebrarase o 30 de xullo
feira artesania muinos mondonedo 2022 1
20 Xuño 2022

A asociación do barrio dos Muiños de Mondoñedo comunicou nas súas redes sociais que xa estána preparar a nova edición da Feira de Artesanía.

Esta mostra será o sábado 30 de xullo e chega este ano a súa sétima edición e igual que noutras edicións as prazas son limitadas polo que a asociación reservase o dereito de elixir os artesáns que participaran este ano.

"Transformamos Os Muíños nun escaparate no que artesáns e agricultores mostran a veciños, turistas, peregrinos e visitantes, produtos saborosos de km0, xunto con obxectos únicos que combinan deseño e artesanía", din dende a asociación.

Para participar será necesaria a inscrición previa no seu formulario antes do 15 de xullo do 2022.

feira artesania muinos mondonedo 2022
0.10329699516296