Aberto o prazo para participar na VI Foliada de Cervo

AMariñaXa
Aberto o prazo para participar na VI Foliada de Cervo e Feira de artesanía e alimentación Cervo, que será o día 7 de maio
VI Foliada Feira artesania cervo
7 Feb 2022

Fol do Raxal, Acr Fervenza de Sargadelos e Marmeladas A Morena organizan para o 7 de maio a VI Foliada de Cervo e a Feira de artesanía e alimentación.

Será a partir das 10.00 horas na praza do Souto de Cervo, sempre e cando as condicións sanitarias o permitan.

Para asistir á feira con posto ou con grupo será necesaria a inscrición chamando ao teléfono 649 130 873 ou mediante o formulario web.

A Foliada de Cervo volve celebrarse despois de dous anos de parón e en edicións anteriores houbo obradoiros e actividades musicais así como un festival folklórico, cantos de taberna e foliada libre.

0.20067691802979