Aberto o prazo para os cursos infantís de natación do Concello de Viveiro

AMariñaXa
Aberto o prazo para os cursos infantís de natación do Concello de Viveiro. Para asistir haberá que facer unha preinscrición
piscina natacion
7 sep 2021

Aberto o prazo para os cursos infantís de natación do Concello de Viveiro. Para asistir haberá que facer unha preinscrición de maneira presencial ou telefónica, e posteriormente sortearanse as prazas. Cada neno poderase pre-anotar nun único grupo e asignaráselle un número no momento da pre-inscrición informando do total de prazas ofertadas para o posterior sorteo.

Natación infantil ofertase para nenos nados entre 2016 e 2017, mentres que natación nenos para os nados entre 2008 e 2015. As escolas ofertaranse para os nados entre 2015 e 2006.

As datas de preinscrición e de comezo de curso faranse públicas na instalación e demais medios de comunicación locais, con antelación suficiente ó inicio do correspondente trimestre.

Para o primer trimestre o prazo de preinscrición será do 6 o 18 de setembro e o sorteo farase o dia 20 de setembro e a data de comezo do terceiro trimestre será o 4 de outubro e finalizará o 22 de decembro.

Farase un sorteo xeral para todos os cursos no que sortearanse non só as prazas ofertadas en cada curso, tamén as que formarán parte das listas de espera, e terán orde de preferencia en función da orde de saída dos números.

Os nenos que gañasen unha praza no seu grupo, quedarán automaticamente inscritos e de non estar finalmente interesado deberán comunicalo no prazo de dous días, ou pola contra quedaran obrigados o pago da taxa correspondente.

O sorteo será aberto ó publico, faráse na piscina municipal as 11.00 horas do dia 20 de setembro. O resultado será publicado no tablón da Piscina Municipal e redes sociais da Concelleria de Deportes.

En todos os cursos ofertados, o aforo será limitado a 6 nenos, dadas as actuais limitacións existentes, podendo ser ampliado se as circunstancias e normativa futuras o permiten. Recoméndase na medida do posible, non facer uso das duchas, manter as distancias de seguridade e demáis normativa existente na instalación en materia de prevención de covid-19.

0.19653081893921