Aberto o prazo para o concurso Debuxando en Igualdade do CIM de Mondoñedo

TerraChaXa | AMariñaXa
O CIM de Mondoñedo recupera este ano o seu tradicional concurso Debuxando en Igualdade, dirixido ao alumnado
8M mondonedo en igualdade 2022
3 Mar 2022

O CIM de Mondoñedo recupera este ano o seu tradicional concurso Debuxando en Igualdade, dirixido ao alumnado de Primaria, Secundaria e Bacharelato dos centros educativos dos concellos de Mondoñedo, Abadín, Lourenzá, A Pastoriza e Riotorto.

O traballo consistirá nun debuxo en soporte cartolina de tamaño mínimo DIN-A4 e máximo DIN-A3, podendo utilizarse todo tipo de técnica e sen limitación de número de cores.

No caso de que a obra leve incluído un slogan ou lema, este deberá ir redactada en idioma galego.

Os traballos serán entregados á persoa que o centro escolar designe e a data máxima para presentalos é o venres 25 de marzo de 2022, incluído, data a partir da cal serán recollidos por persoal do CIM. O fallo do concurso farase público o día 31 de marzo de 2022 a través dos medios habituais.

Haberá dous premios por cada categoría, reservándose o xurado o dereito de declarar deserto algún dos premios no caso de que os traballos presentados non alcancen o nivel suficiente, e consistirán nun lote de libros e material escolar.

As bases poden consultarse no seguinte enlace web.

0.1417441368103