Aberto o prazo para cubrir unha vacante de socorristas de Barreiros

TerraChaXa | AMariñaXa
O 18 de xuño aprobáronse unhas bases para a contratación de 7 persoas para prestar o servizo temporal de Salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros.
28 Jul 2019

O 18 de xuño aprobáronse unhas bases para a contratación de 7 persoas para prestar o servizo temporal de Salvamento e socorrismo nas praias de Barreiros. Desas 7 prazas únicamente se puideron cubrir 6, quedando unha vacante. Para intentar cubrir esa praza vacante, acórdase abrir un novo prazo de cinco días hábiles, tendo en conta que o anuncio na web municipal fíxose o mércores 24 de xullo, para que as persoas que cumpran os requisitos de formación e inscrición no Rexistro da Xunta de Galicia, presenten as súas solicitudes co fin de prestar este servizo durante o mes de agosto, nas mesmas condicións que se estableceron en aquelas bases.
Consonte o establecido na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e respectando os mínimos establecidos no Estatuto Básico do Empregado Público e Estatuto dos Traballadores, a alcaldesa de Barreiros, Ana Ermida resolveu abrir un novo prazo para que as persoas interesadas en cubrir a praza vacante no servizo de salvamento e socorrismo a financiar con fondos municipais, podan presentar as súas solicitudes, conforme as seguintes bases xa aprobadas o 18 de xuño, co fin de prestar este servizo durante o mes de agosto.
Nas bases da convocatoria que o Concello ten publicadas na súa web a persoa contratada traballaría ata o 31 de agosto a xornada completa, (inclúese traballo en sábados, domingos e festivos), mediante contrato temporal de obra ou Servizo.
As condicións concretas do posto de traballo serán as seguintes:
- contrato temporal por obra ou servizo.
- duración ata o 31 de agosto
- o contrato será a xornada completa, de 37,5 horas semanais, cos descansos legalmente establecidos,
podendo traballar os sábados, domingos e festivos. Dependendo das necesidades do servizo poderá establecerse, en todos ou en algún caso, horario partido, con descanso para a comida. Os traballadores, de forma voluntaria, poderán facer as horas extras que se lle propoñan por parte do coordinador do servizo.
- o horario de prestación do servizo de salvamento e socorrismo en praias en Barreiros será de luns a domingo de 12 a 19 horas. Dentro dese horario o coordinador do servizo establecerá os horarios, os turnos e a ubicación que correspondan a cada traballador, cumprindo coas condicións legais do contrato.
- o salario bruto mensual será de 1.153,77 €, que inclúe a parte proporcional das pagas extras.
- á finalización de contrato abonaráse tamen a indemnización de fin de contrato legalmente establecida, a liquidación por vacacións non disfrutadas e as horas extras que voluntariamente faga cada traballador e que non podan compensarse con horas libres.
- dentro das funcións do contrato, a maiores das labores normais de salvamento e socorrismo en praias, deberán realizar as labores de colocación e revisión do material empregado en ditas labores de salvamento e socorismo, a indicacións do coordinador do servizo.
- o concello facilitará os materiais necesarios para que podan realizar de forma correcta as súas funcións.
Esta contratación financiarase con fondos propios municipais. As persoas interesadas podan presentar a súa solicitude ata o día 1 de agosto. Os aspirantes deberán estar en posesión do curso de salvamento e socorrismo acuático, así como o de primeiros auxilios e estar inscritos no Rexistro de socorristas de espazos acuáticos naturais da Xunta de Galicia.
Unha vez rematado o prazo de presentación de solicitudes, realizarase a selección dos aspirantes, conforme ós seguintes criterios obxectivos:
- En primeiro lugar seleccionaranse a todos os menores de trinta anos, tendo preferencia os de menor idade sobre os de maior idade e a igual idade, tendo preferencia as mulleres sobre os homes.
- En segundo lugar, si non se cubren así todas as prazas, seleccionarase ós maiores de trinta anos, tamén tendo preferencia os de menor idade sobre os de maior idade, e as mulleres sobre os homes.
- En caso de empate realizaranse probas físicas acordes cos servizos a prestar. Estas probas poderán realizarse igualmente para acreditar a condición física dos aspirantes, se así se considera necesario polo
coordinador do servizo.
A alcaldesa, á vista da valoración de todo o proceso, dictará resolución acordando a contratación da persoa que considere máis axeitada”. A entrevista de selección farase o día 2 de agosto a partir das dez da mañá.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17636203765869