Aberto o prazo para axudas á rehabilitación de edifición do casco antigo de Viveiro

AMariñaXa
O Concello de Viveiro informa da convocatoria de subvencións para rehabilitación en edificios do casco antigo
casa do concello de viveiro
4 Nov 2022

O Concello de Viveiro informa da publicación no Boletín Oficial da Provincia de Lugo da convocatoria de subvencións para a rexeneración e renovación urbana na Área de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro – Fase XVII. A convocatoria foi publicada o pasado 27 de outubro no BOP e pertence ao Plan Estatal de Vivenda 2018-2021.

En base a este documento, poderán solicitar as subvencións as persoas interesadas en executar traballos de conservación e intervención en vivendas unifamiliares ou en edificios de vivendas, instalacións fixas, equipamento propio e elementos comúns có fin de adecualas á normativa vixente e que estén ubicadas dentro do Casco Antigo da vila.

As subvencións poderán solicitarse durante un mes a partir do día seguinte ao da publicación desta convocatoria no BOP, conforme ás bases publicadas no BOP o 17 de xaneiro de 2020.

De todas as solicitudes presentadas por escrito, e que cumpran os requisitos establecidos nas bases aprobadas, procederase á valoración e posterior proposta de cualificación provisional daquelas actuacións con maior puntuación, ata esgotar o orzamento destinado para tal fin.

As persoas interesadas que precisen máis información poderán acudir á Oficina de Rehabilitación do Casco Histórico de Viveiro, na súa nova ubicación, na segunda planta do Concello de Viveiro. Tamén é posible contactar por teléfono 982 562968 ou por correo electrónico rehabilitacioncasco@viveiro.es.

Toda a documentación deberá presentarse en orixinal ou copia cotexada.

Edificio rua meliton cortinas viveiro
0.17508888244629