Aberto o prazo para a Escola Infantil de Cervo

AMariñaXa
Cervo ten aberto o prazo de solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso para a Escola Infantil Municipal, que conta con 53 prazas.
escola infantil cervo 2
escola infantil cervo 2
10 Maio 2023

O Concello de Cervo abriu o prazo de presentación de solicitudes de renovación de praza e de novo ingreso para o curso 2023-2024 na Escola Infantil Municipal.

As familias teñen ata o 9 de xuño para formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello. Os formularios están dispoñibles na Escola Infantil, na casa da cultura e no Concello

A Escola Infantil Municipal de Cervo sitúase na planta baixa da Casa do Mar de San Cibrao na cal podemos atopar tamén diferentes dependencias que son empregadas para diferentes actividades de carácter social así como ao uso das asociacións veciñais.

escola infantil cervo
0.084033966064453