Aberto o prazo de solicitudes para a Ludoteca de verán de Ourol
Aberto o prazo para a presentación de solicitudes para participar na Ludoteca de verán do concello de Ourol. A actividade vai destinada a nenos e nenas de 4 a 12 anos de idade, con preferencia para as persoas empadroadas no municipio.
Ofértanse un total de 20 prazas e en caso de que o número de solicitudes supere as prazas ofertadas teranse en conta como criterios de valoración a renda familiar e a situación da unidade de convivencia (familias monoparentais, violencia de xénero, cargas familiares, actividade laboral remunerada de ambos proxenitores...).
A duración desta ludoteca será dende o 3 de xullo ata o 31 de agosto en horario de 10.30 a 13.30 e ademais contará con servizo de conciliación para aquelas familias que acrediten a necesidade. Este servizo será de 8.30 a 10.30 e de 13.30 a 14.00 horas.
Para máis información e solicitudes casa da cultura 982 559 019 ou 677 489 457.
A solicitudes deben facerse presencialmente no departamento de Servizos Sociais antes do 23 de xuño.