Aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso na Escola de Música O Pallarego de Mondoñedo

AMariñaXa
A Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo informou que xa ten aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022-23.
Escola musica Pallarego Mondonedo (1)
6 sep 2022

A Escola Municipal de Música O Pallarego de Mondoñedo informou que xa ten aberto o prazo de matrícula para o vindeiro curso 2022-23. Todos aqueles interesados poderán informarse e/ou formalizar a matrícula  previa cita nos teléfonos 677 838 812 ou 607 423 721.

Impártense clases para nenos a partir dos 4 anos, e agrupados segundo as súas idades nos niveis de aprendizaxe de música e movemento, formación básica, linguaxe musical, análise musical, formación de adultos, etc. Conta con diferentes especialidades instrumentais coma corda fretada, corda punteada, vento madeira, vento metal, percusión, piano e canto, así como tamén diferentes agrupacións coma a aula de coro, banda , orquestra e aula de música moderna e jazz.

Os horarios para o vindeiro curso están a disposición dos usuarios nas instalacións da Escola de Música.

escola pallarego matricula 2022 23
0.17526578903198