Aberto o prazo de inscrición para a nova visita guiada do Concello de Alfoz
O sábado 20 de novembro, ás 16.00 horas levarase a cabo unha nova visita guiada de arte e historia para dar a coñecer os numerosos recursos do Concello de Alfoz.
Nesta ocasión será a Igrexa de Santa María de Bacoi e a Capela do Santiago de Lagoa, de man da catedrática de Historia da Arte da USC Dolores Barral.
No caso de Sta. María, constuida na primeira metade do s. XVIII, sobresae polo seu retablo de estilo churrigueresco, considerados un dos mellores exemplos do barroco galego.
A Capela do Santiago destaca polas súas grandes dimensións cun amplo pórtico de entrada, a lápida relativa á súa fundación, así como o retablo de estilo do renacimiento popular, ou unha lámpada do s. XVI.
As persoas interesadas poden chamar ao 982 558 001 (ext.3) para anotarse ata o día 19 de novembro ás 14:00 horas.As prazas son limitadas e a actividade é gratuíta.