Aberto o prazo de inscrición para a homenaxe á Feira do Bonito de Burela
AMariñaXa
Os locais hostaleiros de Burela que queiran participar na homenaxe á Feira do Bonito poden anotarse ata o vindeiro martes, 20 de xullo.
16 Jul 2021
Os locais hostaleiros de Burela que queiran participar na homenaxe á Feira do Bonito, que se renderá do 5 ao 8 de agosto, poden anotarse ata o vindeiro martes, 20 de xullo.
Os bares, mesóns e restaurantes que queiran sumarse a esta homenaxe á Feira do Bonito e a Ledicia poden anotarse chamando ao seguinte número de teléfono 982 826 266 ou enviando un mail a feiradobonito@burela.org antes do vindeiro martes, 20 de xullo.
Desde o Concello explican que “o único que teñen que facer é indicar o nome do seu local e o que van ofrecer: tapas, racións, menús, carta… o que cada un elixa. Queremos animalos a todas e a todos a participar e a mover a fin de semana máis bonita do ano en Burela”.