Aberto o prazo de inscrición nas actividades para maiores do Valadouro
O Concello do Valadouro acolle diferentes programas de actividades para maiores entre os que se atopan ximnasia de mantemento, pilates, ioga ou talleres de memoria.
A duración das actividades está prevista dende o 9 de outubro ao 7 de xuño de 2024. O desenvolvemento das citadas actividades estará condicionado á existencia dun mínimo de 8 participantes en cada unha delas.
Ximnasia de mantemento que impartirase en Ferreira os luns e mércores de 10.00 a 11.00 e no Cadramón os martes de 17.30 a 18.30, o curso de pilates será os martes de 20.30 a 21.30, o de ioga os luns de 20.45 a 21.45, e o taller de memoria os luns de 18.15 a 19.15 en Ferreira e o mércores de 18.30 a 19.30 no Cadramón.
Tamén engadiron un obradoiro de uso de novas tecnoloxías que será dende febreiro a maio en día pendentes de confirmar, e un de envellecemento activo que será os xoves de 17.00 a 18.00.
O prazo de solicitude xa comezou e deberán realizarse nas Oficinas Municipais en horario de atención ao público de 9.00 a 14.30 ou na casa da cultura do Concello do Valadouro.