Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música de Burela
Como en anos anteriores e ata o 15 do mes de xullo ábrese o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música de Burela.
O seu director, Xan Carballal, explicou que “para formalizar a inscrición às persoas interesadas deberán acudir á sede na Escola Municipal de Música de Burela, en horario de 10:00 a 14:00 horas, onde se lles facilitará a documentación necesaria para a matrícula. Asemade, se así o desexan, poderán descargar o impreso da páxina web do Concello de Burela ou ben do Facebook da Escola”.
Carballal contou que “durante este curso, como en anos anteriores, a Escola de Música traballará na organización e desenvolvemento de cursiños de educación musical, concertos didácticos, talleres, etc., nos que se traballarán diversos contidos coma: apreciación musical, discriminación auditiva, coñece-los elementos da música, práctica instrumental, etc”.
O director da Escola Municipal de Música de Burela engadiu que “continuará aberta a aula de formación musical para adultos e o Curso de Música e Movemento para nenos entre catro e oito anos, así coma as outras especialidades instrumentais de corda (violín, viola, violonchelo e contrabaixo), vento (óboe, clarinete, saxofón, frauta, fagot, trompeta, trompa, tuba, trombón…etc), piano e percusión, e as materias complementarias coma o linguaxe musical, coro, audicións, harmonía, jazz, banda, formación orquestral, …etc”.