Aberto o prazo de inscrición na Escola Municipal de Música da Pontenova
AMariñaXa
A Escola Municipal de Música da Pontenova vén de abrir o prazo de matrícula para este novo curso, que será ata o 30 de xullo
9 sep 2021
A Escola Municipal de Música da Pontenova abriu o prazo de matrícula para este novo curso, que estará aberto ata o fin de prazas.
Existen diferentes materias de ensinanza na escola como linguaxe musical, armonía, acordeón, gaita, percusión, guitarra, baixo, piano e canto.
O prezo é de 20 euros por materia excepto en coro que son 12, e ademais existen reducións no caso de matrícula en máis dunha materia ou máis dun membro da familia matriculado.
As incricións poden facerse polas mañás na escola e solicitar máis informaicón no 650 348 123.