Aberto o prazo de inscrición do concurso de postais Nadal 2023 de Burela

AMariñaXa
O Concello de Alfoz dará axudas ás parroquias para a decoración de Nadal. Serán axudas de 300 euros e nominativas
nadal papa noel
nadal papa noel
15 Nov 2023

Aberto o prazo de inscrición do concurso de postais Nadal 2023 de Burela. Poderán participar tódolos nenos e nenas do Concello en idade escolar, con postais de cartolina en tamaño 15x21cm pechada e 30x21cm aberta, de técnica libre.

Haberá catro categorías con tres premios cada unha: educación infantil, primeiro ciclo de primaria, segundo ciclo de primaria, e terceiro ciclo de primaria.

Os traballos deberanse enviar ata o día 14 de decembro ás 20:00, sen asinar e acompañados dun sobre pechado no que figuren os datos do autor ou autora, teléfono, colexio, curso e idade.

Entregaranse na Biblioteca Pública de Burela. Os traballos serán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o día 22 de decembro ata o 25 de xaneiro.

concurso postais nadal 2023
0.20352411270142