Aberto o prazo de inscrición da VIII Ruta Ecuestre da Pontenova

AMariñaXa
A 7ª Ruta Ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova celebrarase o vindeiro 15 de abril.
cabalo-debuxo
Actualizada el 14 marzo 2026, 16:34 horas
26 Mar 2024

A 8ª Ruta Ecuestre organizada por Equus Norte e o Concello da Pontenova celebrarase o vindeiro 13 de abril. Esta xornada ecuestre fará a súa saída ás 10.00 horas da área recreativa do Pozo da Ola.

Despois da ruta farase un xantar de confraternización para o que haberá que mercar os tickets da comida chamando ao 662 062 625 ou 633 913 203. As entradas da comida terán un prezo de 30 euros e poderán adquirirse tamén no resturante San Briz. A festa estará amenizada por DJ Bombardero.

O colectivo adoita deixarse ver cos seus equinos por diante da Praza dos Fornos para percorrer con eles lugares próximos ao río e paisaxes naturais polas parroquias e rutas da localidade.

0.12499690055847