Aberto o prazo de candidaturas ao premio Vegadense do Ano 2024

AMariñaXa
Os Amigos de Vegadeo e o seu Concello informan que a data de finalización para as candidaturas ao premio Vegadense do Ano rematan o 31
15 Feb 2024

Os Amigos de Vegadeo e o seu Concello veñen de informar que xa se poden presentar as solicitudes ao premio Vegadense do Ano. O prazo de inscrición estará aberta ata o 31 de marzo.

Para mandar as propostas haberá que escribir un correo electrónico a amigosdevegadeo@gmail.com e haberá que cubrir os datos sobre o candidato, o motivo da súa proposta e o seu currículum.

O premio do ano 2023 foi para Mª Luz Rodríguez Somoza, Lulas; que traballa desde hai 21 anos no instituto Elisa e Luís Villamil de Vegadeo, onde imparte materias como debuxo, plástica, taller de gravado e pintura e imaxe e son.

O xurado destacou “a súa implicación desinteresada en múltiples actividades da vida sociocultural de Vegadeo dos últimos anos”, así como que sexa a autora da escultura da vaca Silvallana, “imaxe de Vegadeo dentro e fóra da comarca”, e o seu intento de mellorar “a vida de todos os veciños co seu labor artístico” e o seu interese por “poñer de manifesto a importancia da arte e facelo accesible a toda a poboación” .

0.19322896003723