Aberto o novo curso de Saiñas de Xove

AMariñaXa
A Asociación Cultural Saiñas de Xove informou que vén de abrir as inscricións para o novo curso de baile, canto, gaita e pandeireta
Sainas de Xove
11 sep 2023

A Asociación Cultural Saiñas de Xove vén de abrir as inscricións para o novo curso. Dende a directiva contan que como en anos anteriores, durante esta tempada vanse impartir ensinanzas de baile tradicional, gaita e percusión, e pandeireta e canto.

Para o baile tradicional, a iniciación é a partir dos 4 anos, para gaita e percusión a partir dos 9 anos e pandeireta e canto desde os 6 anos.

A inscrición pódese realizar mediante correo electrónico a contacto@sainhas.org, teléfono 679 667 194 ou redes sociais.

novo curso sainas xove 2023
0.092435121536255