Aberta a inscrición para os Xogos Castrexos e a Busca do Torques da IX Festa Castrexa Burela

AMariñaXa
A asociación Burela Castrexa informou de que este ano se celebrará a Festa Castrexa a última fin de semana de xuño
burela castrexa prazo inscricion xogos 2022 1
22 Maio 2022

Aberto o prazo de inscrición para participar nos Xogos Castrexos e na Busca do Torques da IX Festa Castrexa Burela que terá lugar o 23, 24 e 25 de xuño.

Para participar será necesario anotar ao clan participante mandando un correo electrónico a festacastrexaburela@gmail.com.

PROGRAMA FESTA CASTREXA

A noite do 23 de xuño dará comezo a festa temática burelesa cunha noite de lume na que haberá sardiñas e churrasco, pois celebrase tamén a fogueira de San Xóan fronte á praza do Concello.

As racións de churrasco e das sardiñas serán a 7 euros ou a 5 si se merca o ticket de maneira anticipada. Os tickets estarán á venda na óptica Alain Affleou e en Gráficas Arfe e pola noite haberá música a cargo dun DJ.

A festa castrexa propiamente dará comezo a noite do día 24 cunha representación teatral de temática castrexa e queimada, o sábado 25 haberá xogos castrexos na praia , sesión vermú con orquestra, Búsqueda do Torques e pola noite haberá verbena.

Está previsto que haxa xantar nunhas carpas instaladas na praza do Concello e os restaurantes da vila contarán con menús castrexos para levar e consumir na propia praza.

0.16235303878784