Aberta a inscrición para a VI Ruta da Troita na Pontenova
Os vindeiros 11, 12 e 13 de novembro de 2022 celebrarase na Pontenova unha nova edición dá Ruta da Troita organizada como de costume polo Team Fozamontes.
A VI Ruta da Troita, memorial Andrés Lombardía 'O Roxo' e Andrés Pardo "O Grande', comezará o venres 11 de novembro coa presentación da ruta 4x4 e unha degustación de petiscos.
Xa na xornada do sábado 12, terá lugar a propia ruta e os presentes poderán gozar coa música do grupo Fénix e Pedro Brmudz.
Previsiblemente o domingo 13 levarase a cabo o trial de obstáculos e o circuito de velocidade.
Para participar é necesario anotarse no facebook dos organizadores e cubrindo o formulario cos datos, adxuntando fotos da ficha técnica do vehículo, onde se vexa tamén a itv vixente e documento que acredite o seguro obrigatorio en vigor.