Aberta a convocatoria para o certame III Exprésate contra la violencia de género do Concello de Vegadeo
Aberta a convocatoria para o certame III Exprésate contra la violencia de género do Concello de Vegadeo e no que poderán participar persoas de entre 12 e 20 anos.
Poderase presentar como máximo unha frase ou párrafo por persoa, indicando o pseudónimo, e irá acompañado dos datos do concursante. As frases ou párrafos deberán ser orixinais e a temática será a dedicada á sensibilización da sociedade contra esta lacra social.
O prazo de presentación remata o 14 de novembro e poderán presentarse nas oficinas do Concello, na oficina Xoven o na Secretaría do Instituto Elisa y Luis Villamil.
Establécense tres premios, un primeiro composto por tres vales de compra valorados en 50 euros, un segundo con dous vales de 50 euros, e un terceiro cun só vale valorado en 50 euros.
Os gañadores, ademais dos vales, recibiránun recoñecemento nos actos conmemorativos do Día Internacional contra a violencia de xénero.