A XXX Festa do Mexillón de Cervo será este sábado 24

AMariñaXa
O Concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 4  de marzo a Festa do Mexillón, que vai pola XXIX edición. 
2024 festa do mexillón cervo
2024 festa do mexillón cervo
21 Feb 2024

O concello de Cervo celebrará este vindeiro sábado 24 de febreiro a Festa do Mexillón, que vai pola XXX edición. Ao longo da xornada os 9 locais participantes ofrecerán unha ampla degustación de tapas que terán no mexillón o seu denominador común. Participarán O Noso Lar, Las Titas, A Bodega de Ana, O Faro, Aquelarre, Maruxaina, O Trasgo, Habana e o bar El Puerto.

A festa estará amenizada, desde as 22.30 horas, pola orquestra Zona Zero e pola Disco Móbil Revoluxxion.

Tal e como anotou  a alcaldesa “este tipo de festas gastronómicas contribúen a darlle vida á nosa vila e sempre son un reclamo para atraer visitantes, ofrecendo un produto do mar con tantas posibles receitas elaboradas polos nosos hostaleiros, que unha vez máis nos sorprenderán coas súas grandes dotes culinarias”.

Desde o Concello de Cervo animan a todos e todas, veciñanza e visitantes, a gozar desta xornada, que terá o Mexillón como protagonista.

0.18508696556091