A XXI Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía celebraranse do 17 ao 19 de decembro
O Concello de Mondoñedo presenta as Xornadas Mindonienses de Arqueoloxía que chegan, neste ano 2021, á súa vixésimo primeira edición.
As datas de celebración serán os días 17, 18 e 19 de decembro de 2021 que son respectivamente venres, sábado e domingo, e con elas téntase recuperar a normalidade das mesmas e volta a realizar unha edición presencial, tras unha pasada edición telemática.
No programa, hai unha primeira conferencia o día 17 no Centro Comarcal, situado na rúa Julia Pardo, sobre o traballo dos arqueólogos profesionais hoxe en día e a importancia da súa labor para conservar o noso patrimonio.
A segunda conferencia, que ademais será a presentación dunha obra sobre as orixes de Mondoñedo, terá lugar o día 18 no Salón de Plenos do Concello de Mondoñedo e, por último, retomaranse as visitas guiadas, o sábado ao Centro de Interpretación dos Abastecementos de Auga de Mondoñedo situado na Fonte Vella, de recente creación e, o domingo día 19, está programado unha viaxe ata o Castro de Santa Tegra en A Guarda, Pontevedra.
Mais, con todo, dado o éxito do pasado ano, non se perde o formato dixital a través da plataforma Zoom, na que se creará unha sala específica para ver as intervencións e participar nos debates posteriores que podan xurdir das mesmas.
E, por outro, tamén se empregará a infraestruturas que proporciona “The Mondonedo Valley” na súa páxina de youtube (The Mondonedo Valley - YouTube) na que se emitirán en directo todas as conferencias e serán de acceso libre, tanto no directo como para logo ver as conferencias en diferido.
Para a matrícula no curso hai que aportar á organización nome, datos de contacto, DNI e e-mail a través dunha chamada aos teléfonos 982 52 40 03 ou 982 50 71 77, dependentes do Concello de Mondoñedo, ou directamente enviando estes datos ao enderezo electrónico xornadas.arqueo@gmail.com.
O prazo de matrícula finaliza o venres, día 17, ás 14:00h.
PROGRAMA
- Venres 17 de decembro – En Pazo Santomé (Rúa Julia Pardo)
19:30h. Entrega de Documentación.
19:45h. Acto de Inauguración.
20:00h. Conferencia. “A Arqueoloxía Profesional Hoxe”, D. Lino Gorgoso López, Arqueólogo profesional
- Sábado 18 de decembro – (Conferencia en Salón de Plenos do Concello)
11:30h. Visita guiada ao Centro de Interpretación dos Abastecementos de Auga de Mondoñedo. En A Fonte Vella
17:00h. Conferencia /Presentación de Libro (Salón de Plenos da Casa do Concello) “As Orixes de Mondoñedo. Prehistoria, Idade Antiga e Tardorromanidade”. Intervirán: D. Xe Freyre – Prologuista da obra, D. Manuel Ángel Otero Legide – Alcalde do Concello de Mondoñedo e Dr. D. Abel Vigo García – Autor da obra. Arqueólogo do Concello de Mondoñedo.
- Domingo 19 de decembro
8:00 h. Saída para a visita, dende o cruce de Avda. Bos Aires con Rúa da Fonte.
12:30h Visita guiada: Castro de Santa Tegra e Museo Arqueolóxico do Castro de Santa Tegra (A Guarda, Pontevedra)