A Foliada da Mariña está de volta na súa vixésimo sexta edición

AMariñaXa
A Asociación Cultura Saiñas de Xove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, unha nova edición da Foliada da Mariña
foliada_da_marina_portada
Cartel
26 Maio 2024

A Asociación Cultura Saiñas de Xove organiza, coa colaboración do Concello de Xove, unha nova edición da Foliada da Mariña. A cita será o 15 de xuño na praza do Concello para celebrar a música, a danza e a cultura galega.

Nas últimas convocatorias houbo obradoiros infantís, actuacións musicais da man de varios grupos da comarca, xantar e sorteos. Este ano, os asistentes poderán gozar de cantos de taberna, música en directo, foliada libre e sorteos.

foliada_da_marina
0.16205406188965