A XV Festa de exaltación da carne de porco de Cervo terá lugar este sábado, 15 de xuño

AMariñaXa
O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a asistir a esta Festa xa tradicional en Cervo que vai pola XV edición
exaltación-carne-do-porco-Cervo
11 Xuño 2024

A rexedora de Cervo, Dolores García Caramés, xunto con representantes da A.C. Airiños do Xunco, presentaron a XV Festa de exaltación da carne de porco que terá lugar este próximo sábado, 15 de xuño.

Ese día, desde o mediodía a hostelería de Cervo e Sargadelos servirá diferentes racións cuxo denominador común será a carne de cocho.

Os locais participantes son O Caseto de Copa, con fígado encebolado e morro á feira; O Almacén, con lacón asado e hamburguesa Nacha Pop; A Taberna de Sargadelos, con raxo e torresmos; e A Sacabeira, con orella á feira e costela ao forno caramelizada.

Ás 19.30 horas está prevista a lectura do pregón que dará paso á festa de exaltación con racións de costela, chourizo, pan e viño, a un prezo de 7 euros, na Praza dos Souto. Ademais sortearase un “cochinillo” durante o día.

Como broche de ouro da Festa, terá lugar un guateque do programa Arruguiñas, a partir das 22.00 horas, protagonizado por DJ Ovo, na Praza do Souto.

O Concello de Cervo convida a veciños e visitantes a asistir a esta Festa xa tradicional en Cervo que vai pola XV edición.

0.19635701179504