A Xunta valora as actividades da residencia de maiores e do centro de día de Mondoñedo

AMariñaXa
Destaca que coas súas iniciativas contribúen a potenciar o envellecemento activo e o benestar
20250107-DXMaioresvisitaMondoñedo
7 Jan 2025

A Xunta de Galicia destaca as actividades e iniciativas que se desenvolven na residencia de maiores e no centro de día San Rafael en Mondoñedo para potenciar o benestar dos maiores e impulsar o envellecemento activo. Así o expresou o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, na súa visita a ambos recursos.

Antón Acevedo sinalou que este complexo conta tamén cunha unidade para doentes de Alzheimer que ofrece uns coidados específicos e que garante unha atención de calidade adaptada ás necesidades destes usuarios. Así mesmo, fixo fincapé en que estes recursos son fundamentais para mellorar a conciliación das familias.

Neste senso, o director xeral lembrou que a Xunta de Galicia conta con diferentes recursos e iniciativas que axudan aos maiores a ter un envellecemento activo e destinado a fomentar a súa actividade cognitiva e de prevención de demencias. Deste xeito, trasladou o compromiso do Executivo galego de seguir traballando no benestar das persoas maiores.

0.17003989219666