A Xunta renova o convenio coa Federación Galega de Pesca
TerraChaXa | AMariñaXa
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, recibiu a representantes da Federación Galega de Pesca e Cásting (FGPC), a máis importante de Galicia e que vén de renovar recentemente a súa xunta directiva.
26 Feb 2019
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, recibiu a representantes da Federación Galega de Pesca e Cásting (FGPC), a máis importante de Galicia e que vén de renovar recentemente a súa xunta directiva. Durante a xuntanza, Do Campo confirmoulle ao presidente da FGPC, José Manuel Mouzo, a intención da Consellería de Medio Ambiente de seguir colaborando co sector a través dos convenios que mantén desde o ano 2016 con esta entidade, a máis representativa de Galicia xa que que aglutina a uns 55.000 pescadores.
Neste sentido, cómpre lembrar os 30.000 euros mobilizados para acondicionar tramos de ríos para a celebración dos Campionatos de España e Mundial Xuvenil de pesca a mosca en 2016 e tamén os 15.000 euros do convenio actualmente en execución para contribuír á realización de actividades de divulgación e fomento da pesca mediante a organización de eventos e campionatos dirixidos ao público infantil e xuvenil.
Precisamente, tanto a directora como o presidente da Federación coincidiron en subliñar a necesidade de garantir un relevo xeracional para o sector da pesca fluvial en Galicia. De feito, José Manuel Mouzo incidiu en que a gran aposta da nova xunta directiva será fomentar a incorporación de mozos a esta práctica deportiva co obxectivo de acadar así un rexuveñecemento progresivo do colectivo.
Así mesmo, Belén do Campo e o presidente da entidade tiveron ocasión de analizar tamén os retos e obxectivos da futura Lei de Pesca Fluvial de Galicia, un texto no que a Consellería de Medio Ambiente xa está a traballar. De feito, a directora xeral lembrou que hai dúas semanas abriuse o proceso de consulta pública previa sobre a lei, o primeiro paso na tramitación dunha normativa coa que a Xunta pretende actualizar e mellorar a actual, en vigor desde o ano 1992.
Os representantes da federación aproveitaron a xuntanza para trasladarlle á directora xeral algúns dos aspectos que consideran que se deberían abordar durante a tramitación da norma e que van en liña cos principais retos que deberá afrontar o sector no futuro máis inmediato, como o fomento da pesca sen morte ou certas ameazas para as poboacións piscícolas dos ríos galegos, como a carpa ou o corvo mariño.
Neste sentido, Do Campo tamén lles avanzou que o contrato asinado en 2018 coa Universidade de Santiago de Compostela para a elaboración dun estudo sobre a influencia do corvo mariño nas poboacións de salmóns xa está bastante avanzado e que se espera que a partir dos resultados do mesmo se poida elaborar un plan de xestión destas especies que permita actuar e facer fronte á actual situación.