A Xunta reforza os investimentos portuarios en Ribadeo cun novo proxecto de 480.000 euros

AMariñaXa
A conselleira do Mar e o alcalde avaliaron actuacións xa executadas e outras previstas, que suman máis de 3 millóns desde 2024
261021-Foto-Concello-Ribadeo
10 Sep 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, e o alcalde de Ribadeo, Daniel Vega, mantiveron este mércores unha reunión de traballo centrada no balance das actuacións realizadas e no impulso de novos investimentos en infraestruturas portuarias no municipio.

No encontro, o rexedor confirmou á responsable autonómica que o Concello licitará nas próximas semanas a reforma da rúa Buenos Aires, no acceso ao peirao de Mirasol. Esta obra contará cun orzamento de 480.000 euros achegados por Portos de Galicia, entidade dependente da Consellería do Mar.

A actuación forma parte dun plan inversor máis amplo que a Xunta está a desenvolver en Ribadeo desde 2024 e que xa supera os 3 millóns de euros. Entre as intervencións recentes destacan a dragaxe do porto, executada o pasado ano cun investimento de 2,4 millóns de euros, así como a renovación das luminarias con tecnoloxía LED con control telemático e a mellora do pavimento nos portos de Ribadeo e Rinlo.

Durante a reunión tamén se analizaron as actuacións previstas para o peirao de Rinlo, que inclúen a substitución das varandas na ponte de acceso, o acondicionamento da rampla pesqueira e outras melloras orientadas a reforzar a seguridade e a funcionalidade das instalacións portuarias locais.

⚙ Configurar cookies
0.17868399620056