O labor dos voluntarios púxose en valor nas xornadas da Federación de Protección Civil de Lugo

AMariñaXa
A sétima edición das xornadas provinciais que organiza a Federación de Agrupacións de Protección Civil de Lugo foron inauguradas coa presenza de Javier Arias, delegado territorial da Xunta, que puxo de manifesto o firme compromiso do Goberno galego co “labor fundamental” que realizan os voluntarios e voluntarias que conforman este servizo; e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.
Xornadas Provinciais Protección Civil en Ribadeo
18 Nov 2023

A sétima edición das xornadas provinciais que organiza a Federación de Agrupacións de Protección Civil de Lugo foron inauguradas coa presenza de Javier Arias, delegado territorial da Xunta, que puxo de manifesto o firme compromiso do Goberno galego co “labor fundamental” que realizan os voluntarios e voluntarias que conforman este servizo; e a subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez.

O delegado lembrou que as agrupacións de voluntarios unha parte vital no funcionamento do sistema de emerxencias e que “a miúdo son os primeiros en chegar ao lugar do sinistro e prestar os primeiros auxilios”, polo que “resulta básico ofrecerlles os medios e os coñecementos apropiados para desenvolver a súa función”. A provincia de Lugo conta actualmente con 43 agrupacións de Protección Civil.

O apoio da Xunta concrétase en tres aspectos: a formación do persoal, a achega de equipamento e axudas para os gastos de funcionamento; o investimento na provincia nestes dous últimos apartados supera os 2,8 millóns de euros desde o ano 2015.

Pola súa parte, a subdelegada resaltou a importancia que ten a xornada para o coñecemento das actuacións a realizar en caso de emerxencias e eloxiou todas as tarefas e traballos que se encargan de realizar as asociacións de voluntarios na provincia e o interese que depositan no labor social tan importante como é o de estar formados en diversas actuacións para a protección da cidadanía e o medio ambiente.

A xornada tivo como relatorios “Unidade de apoio loxístico en emerxencia” e “Protocolos de actuación no caso de varadas de cetáceos”, cunha demostración práctica dun caso de varada dun mamífero mariño.

Accións da Xunta en prol da entidade

Este ano leváronse a cabo en distintos municipios de Lugo 13 cursos para formar a 255 alumnos en materias como a prevención e loita contra incendios urbanos, condución de vehículos todoterreo ou accidentes na estrada. Tamén se dota ás agrupacións de material e equipamento de emerxencias de distinta tipoloxía para mellorar a capacidade de prevención e reducir os tempos de resposta ante riscos e emerxencias derivados dos diferentes sinistros (incendios forestais, inundacións, etc).

Entre o equipamento entregado nos últimos oito anos ás agrupacións da provincia figuran 43 vehículos, 32 remolques, 12 embarcacións, 27 coitelas quitaneves e esparexedores de sal, 20 carpas e 60 desfibriladores. Froito do traballo realizado durante estes anos, todas as Agrupacións contan con  vehículo de emerxencias e unha porcentaxe moi elevada con remolque e carpa para emerxencias.

Ademais, en función dos riscos de protección civil específicos de cada zona, as agrupacións dispoñen de material de actuación en caso de nevadas ou xeadas ou material acuático, entre outros. Arias lembrou que está próxima a resolverse unha nova convocatoria destas axudas que, por primeira vez, inclúe a dotación de kits de material loxístico de seguridade viaria, de ferramentas eléctricas para a atención a emerxencias, e de material para emerxencias no medio acuático.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17871809005737