A Xunta financiará os gastos de funcionamento dos GDR ata 2027

GaliciaXa | LugoXa | TerraChaXa | SarriaXa | AMariñaXa | RibeiraSacraXa | ACoruñaXa | OurenseXa
Con esta actuación, investiranse máis de 17 millóns de euros para financiar tamén a animación destes grupos e os seus proxectos de cooperación e formación
Convenio-Xunta-GDR
12 Aug 2024

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo secretario xeral técnico da Consellería, Jorge Atán, e pola directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, presidiu o acto de sinatura dun convenio cos Grupos de Desenvolvemento Rural (GDR) de Galicia para financiar os seus gastos de funcionamento ata 2027, por importe de máis de 17 millóns de euros.

Este montante financiará tamén a animación destes grupos e os seus proxectos de cooperación e formación. María José Gómez afirmou que “estes 17 millóns de euros forman parte dun todo moito maior”. A medida Leader contempla outros 39,3 millóns de euros adicionais destinados ao desenvolvemento das operacións a terceiros.

Este orzamento executarase a través de diferentes liñas de axudas ás que poden optar concellos, entidades privadas sen ánimo de lucro e empresas, ao igual que en anteriores convocatorias.

Así, o orzamento total inicial ascende aos 56,9 millóns de euros. No acto, que tivo lugar no Pazo de Quián, en Boqueixón, a conselleira definiu os GDR como “axentes claves do noso rural”.

En primeiro lugar, porque apostan por eidos fundamentais do sector primario, pero tamén por outros que determinan o progreso do rural, como poden ser os servizos sociais, o comercio ou o ámbito turístico e ambiental.

En segundo termo, sinalou Gómez, porque os GDR “tenden a man ao territorio” e o converten no “protagonista do seu propio desenvolvemento”.

De seguido, recoñeceu o funcionamento “da súa dinámica de traballo participativa, de abaixo a arriba, na que se teñen en conta as opinións da cidadanía”.

Así, afirmou que estes grupos contribúen a “mellorar as condicións para crear emprego no medio rural e a dinamizar o tecido socieconómico”.

A titular de Medio Rural tamén lembrou que este convenio se dá ao abeiro do Plan Estratéxico da Política Agraria Común e dá continuidade á colaboración entre a Consellería e estes grupos. Cómpre lembrar que esta será a primeira convocatoria enmarcada no Pepac, xa que durante o período 2014-2020 a medida Leader estaba incluída no Programa de Desenvolvemento Rural de Galicia (PDR).

Neste sentido, destacou os 1.495 proxectos aprobados no anterior período do programa Leader, así como os 933 postos de traballo creados e os 3.256 empregos consolidados. Gómez amosou a súa vontade por achegar estes fondos á cidadanía e “ser capaces, entre todos, de seguir poñéndolle rostro aos proxectos que axudamos a desenvolver e converter nunha realidade”.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17177510261536