A Xunta destina axudas para a contratación de 83 socorristas na provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Consellería de Emprego e Igualdade vén resolver a orde de axudas pola que colabora cos concellos na contratación de socorristas.
socorrismo socorrista prais auxilio
6 May 2022

A Consellería de Emprego e Igualdade vén resolver a orde de axudas pola que colabora cos concellos na contratación de socorristas, que este ano suma 277.000 euros para realizar 83 contratos en 31 municipios lugueses.

Así o anunciou o delegado territorial da Xunta, Javier Arias, quen explicou que o Goberno galego coopera coas entidades locais para cubrir estes postos no verán, durante un período de dous meses. Precisou que son os propios concellos os que teñen a competencia para contratar persoal de vixilancia e salvamento que garanta a seguridade nas praias marítimas e fluviais e nas piscinas.

Arias apuntou que o 60% dos contratos corresponden á comarca da Mariña, onde a Administración autonómica destina 169.500 euros a financiar 50 socorristas en 11 municipios. Así, Foz, Xove, Burela, Viveiro, Cervo, O Vicedo e Ribadeo contratarán a seis traballadores co apoio da Xunta; e A Pontenova, Mondoñedo, Ourol e Trabada terán dous cada un.

A cidade de Lugo recibe 12.400 euros para cubrir catro postos a través desta convocatoria. Outros dous concellos da mesma área, Guntín e Outeiro de Rei, benefícianse de dous cada un.

Na Zona Sur a Xunta inviste 32.000 euros para facilitar a cobertura de dez prazas en seis municipios: O Saviñao, Quiroga, Sober e Pantón terán dous socorristas cada un; e Taboada e Chantada un.

A Xunta tamén financia a contratación de socorristas nos tres concellos da Ulloa -dous en Antas de Ulla e un en Palas de Rei e Monterroso-; e nos municipios de Riotorto, Paradela e Cospeito -dous cada un -; así como en Meira, Láncara, Baralla, As Nogais e Pedrafita do Cebreiro -un traballador-.

A través desta convocatoria, o Goberno autonómico inviste 1,5 millóns de euros para apoiar en preto de 200 concellos galegos a contratación de máis de 450 desempregados e desempregadas para a realización de obras ou servizos de interese xeral e social que os concellos soen destinar á contratación de persoal para a vixilancia das praias e espazos fluvais ou piscinas municipais. As contías irán dos 1.555 aos 2.700 euros segundo o grupo de cotización das persoas contratadas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17103004455566