A Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro presentará o cartel oficial mañá

AMariñaXa
Desde la Xunta de Cofradías de la Semana Santa de Viveiro presentará o cartel da Semana Santa de Viveiro 2022.
semana santa viveiro
4 Mar 2022

Desde a Xunta de Cofradías da Semana Santa de Viveiro veñen de informar que o vindeiro sábado 5 ás 12.30 horas presentarase o cartel da Semana Santa de Viveiro 2022.

Este acto será no edificio multiusos do Concello e dende a Cofraría din que "o cartel deste ano está dedicado, merecidamente ao Prendemento, xa que a devandita Irmandade está a conmemorar o 75 aniversario da súa fundación".

O autor do cartel non foi establecido mediante concurso senón como veñen facendo nos últimos anos, escollendo un fotógrafo que amosará a súa colaboración coa Semana Santa e nesta ocasión é J.M. Paleo.

Así mesmo, darán a coñecer o Programa de Difusión Relixioso Cultural ADRAL, no que comentan que haberá conferencias, exposicións, certames, concertos, etc..

Por outra banda, informaron de que o vindeiro 13 de marzo presentará a súa Semana Santa en Sevilla xunto ao Concello e a Banda de Nuestra Señora de la Misericordia. Estes actos de colaboración celebraranse na igrexa de San Ignacio de Loyola, que tamén é sede da Irmandade.

Tras as intervencións, terá lugar o concerto da Banda Nuestra Señora de la Misericordia, que leva anos traballando incansablemente para adaptar marchas doutras rexións coa finalidade de incluílas na Semana Santa de Viveiro e que xa ten participado e colaborado noutras presentacións en Zamora e Granada. 

0.20474600791931