A Xunta compromete investimentos para nove parques industriais da provincia

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A Xunta reserva unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuaciónnunha vintena de parques empresarias de Galicia.
poligono as gandaras Lugo
29 Out 2021

A Xunta reserva unha partida de 26,6 millóns de euros para impulsar actuacións co obxectivo de optimizar un mínimo dunha vintena de parques empresarias de Galicia ao longo do vindeiro exercicio. Explicou que esta é unha das medidas que o Goberno galego brinda ao tecido empresarial, a través dos orzamentos de 2022, "co fin de favorecer a implantación de novas firmas ou a expansión e ampliación das que xa facilitan emprego en Galicia".

O principal investimento será na futura área empresarial de Pontecesures, pero tamén se actuará en ámbitos doutros concellos da provincia de Pontevedra —a cal acumula preto de 9 millóns de euros en investimentos—, como a Plisan (As Neves e Salvaterra do Miño), con máis de 1,5 millóns; Lalín, con 2,4 millóns; ou Ponte Caldelas, con 300.000 euros.

Así mesmo, tamén salientan nos presupostos do vindeiro exercicio Arteixo (4 millóns de euros); Xinzo de Limia (3,8 millóns); As Gándaras, en Lugo (1,9 millóns); San Cibrao das Viñas (1,8 millóns) ou O Corgo (1,25 millóns); sen esquecer outros parques como os localizados en Carballo, Taboada, Paderne de Allariz, Verín, Muimenta, Palas de Rei, Meira, Castro de Rei ou A Pontenova.

A conselleira detallou que esta non será a única medida dirixida a axudar aos empresarios que aposten por Galicia, xa que un ano máis o Goberno galego bonificará a adquisición de solo empresarial. No 2022 reserva unha partida de 7,5 millóns de euros dun incentivo con boa acollida, tal e como demostran os 2,3 millóns de metros cadrados bonificados desde a súa posta en marcha, o que permitiu aforrar 70 millóns de euros ao tecido empresarial.

0.19597697257996