A Xunta busca novas vías de apoio para a Faba de Lourenzá

AMariñaXa
A conselleira do Medio Rural reuniuse con alcaldes e produtores para planificar medidas de impulso á IXP
Medio-Rural-xuntanza-Faba-Lourenza-2025
11 Mar 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, reuniuse este mediodía en San Caetano co alcalde de Trabada, Rubén García, responsables municipais de Lourenzá e produtores da Indicación Xeográfica Protexida (IXP) Faba de Lourenzá. No encontro, no que tamén participou o director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, analizáronse diferentes vías de colaboración para potenciar esta produción de calidade diferenciada.

Entre as iniciativas expostas, destacan a mellora da formación dos profesionais do sector, o impulso á investigación para optimizar os cultivos e a posibilidade de establecer axudas directas aos produtores. O obxectivo destas medidas é reforzar o prestixio da IXP e favorecer a súa expansión no mercado, garantindo así a viabilidade e competitividade deste produto emblemático da Mariña lucense.

⚙ Configurar cookies
0.15958690643311