A Xunta anuncia o seu apoio á próxima Feira de Artesanía do ferro de Riotorto

TerraChaXa | AMariñaXa
A edición número XVI terá lugar o próximo 20 de abril, organizada polo Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros
feira-do-ferro-riotorto
4 Feb 2025

O conselleiro de Emprego, Comercio e Emigración, José González, acompañado polo director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, e pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, reuniuse co alcalde de Riotorto, Clemente Iglesias, para abordar distintos aspectos relacionados coa celebración da XVI Feira de Artesanía do Ferro, que terá lugar o próximo 20 de abril e que organizan o Concello e a Asociación para a Promoción Social dos Ferreiros de Riotorto co apoio do Goberno galego.

Este evento contribúe a divulgar o oficio tradicional do ferro, estreitamente vinculado á zona oriental da provincia de Lugo, e a poñer en valor o labor dos ferreiros fomentando a remuda xeracional. Con ese fin, contará cun amplo programa de actividades que se están a perfilar e entre as que se inclúen as demostracións ao vivo e obradoiros relacionados con este oficio.

0.17091393470764