A Xunta acelera a reforma da LU-540 entre Viveiro e Ourol cun investimento de 8,2 millóns

A estrada LU-540 que une os concellos de Viveiro e Ourol experimentará unha transformación integral ao longo deste ano e ata 2025, cun investimento total de 8,2 millóns de euros por parte da Xunta de Galicia. A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañada polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitou este luns a zona das obras para supervisar os avances.
Trátase, segundo explicou Martínez Allegue, dun proxecto ambicioso que afecta a un tramo de 15,5 quilómetros e que busca mellorar tanto a seguridade como a capacidade da vía. Entre as actuacións previstas inclúese a rectificación de curvas perigosas, a creación de carrís adicionais para facilitar os adiantamentos, a reforma de interseccións e a mellora integral do firme.
Unha vez finalizados os traballos, prevese que se poida circular a 90 km/h de maneira continua por todo o trazado. A conselleira destacou que este proxecto “terá un impacto directo na calidade de vida da veciñanza e nas comunicacións entre a Mariña e o interior da provincia, especialmente Lugo”.
A pesar dos atrasos provocados pola meteoroloxía durante os meses de inverno, os traballos están a gañar ritmo coa chegada da primavera. Segundo os datos facilitados, xa se talaron máis de 5.000 árbores e avanzan os movementos de terra, cun volume de escavacións que rolda os 150.000 metros cúbicos.
A conselleira puxo en valor que esta intervención permitirá reducir significativamente os tempos de desprazamento entre Viveiro e Lugo e “reforzará a competitividade das comarcas da Mariña e da Terra Chá ao mellorar unha infraestrutura clave para a mobilidade e a economía da zona”.
Martínez Allegue tamén quixo destacar a aposta da Xunta pola conservación e mellora das vías autonómicas, sinalando que os Orzamentos de 2025 destinan máis de 68