A Xunta aborda as demandas do sector pesqueiro de Celeiro

AMariñaXa
O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica mantivo unha reunión de traballo con representantes do sector pesqueiro de Celeiro na que abordou as diferentes liñas de axuda nas que traballa a Consellería do Mar
reunión-director-xeral-de-pesca-en-celeiro
23 Ago 2024

O director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantivo unha reunión de traballo  con representantes do sector pesqueiro de Celeiro na que abordou as diferentes liñas de axuda nas que traballa a Consellería do Mar e que van dirixidas á mellora e renovación da flota e a reforzar a actividade das organizacións de produtores pesqueiros (OPP).

O responsable autonómico trasladou aos representantes de Porto de Celeiro, da OPP 77 de Celeiro e da confraría de pescadores local o compromiso do Goberno galego de seguir apoiando iniciativas que permita afondar na competitividade e liderado internacional da pesca galega. Por outra banda, tamén foron tratadas algunhas das demandas e inquedanzas dos profesionais do mar como a necesaria remuda xeracional ou a mellora de funcionamento e xestión da capacidade de apoio ás OPP.

Asuntos nos que a administración autonómica traballa da man do sector, en liña co modelo de cogobernanza polo que se ven apostando desde a Consellería do Mar. Finalmente tamén se abordaron futuros proxectos nos que se está traballando e nos que colabora a Xunta como a celebración este ano da vindeira edición das xornadas técnicas que organiza o sector pesqueiro da localidade.

0.20499897003174