A XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro será do 1 ao 7 de agosto

AMariñaXa
A XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, celebrarase este ano do 1 ao 7 de agosto. E contará cun grupo de Chile
19 Xul 2023

Dende a Asociación Bágoas da Terra informan dos preparativos da nova edición da XLIII Mostra Folklórica Internacional de Viveiro, que este ano se retoma do 1 ao 7 de agosto.

O colectivo viveirense comunicou que o este ano abrirá a mostra unha exposición sobre indumentaria tradicional das zonas que atravesan o Camiño de Santiago francés.

O resto dos días complentaranse cos tradicionais eventos, como a Mostra Infantil, o Concerto Folk, o Desfile das Nacións e a Gran Gala dominical. Un dos grupos que participará será o Ballet Alas de mi patria de Chile. Haberá tamén espectáculos e actuacións nos Xardíns Noriega Varela e actuacións musicais polas rúas.

Estes días Bágoas da Terra continúa con moita actividade cos ensaios intensivos para a Gala Internacional.

0.19454503059387