A XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar de Burela presentarase a vindeira semana

AMariñaXa
O salón de plenos do Concello de Burela acollerá o vindeiro 27 de abril a presentación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar
expomar 2023 cartel
21 Abr 2023

O salón de plenos do Concello de Burela acollerá o vindeiro 27 de abril a presentación da XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar, que se celebrará do 10 ao 13 de maio.

O presidente da Fundación Expomar e alcalde de Burela, Alfredo Llano, manifestou: “estamos xa a piques de rematar a organización dos últimos detalles da Feira Expomar, que chega á décimo novena edición este ano e vaise celebrar no porto de Burela, concretamente na nave que temos para facer este evento, do 10 ao 13 de maio”.

O rexedor comentou: “vamos facer unha presentación informativa para toda aquela xente que teña interese, para facer que esta feira resalte e teña un gran protagonismo porque queremos que sexa unha boa edición. Estamos xa conformando todo o que é necesario para que sexa unha edición exemplar e que sirva para que durante eses 4 días sexa moi protagonista o sector náutico pesqueiro”.

Alfredo Llano dixo que “o día 27 deste mes, xoves, vamos facer esa presentación no salón de plenos do Concello de Burela sobre as doce do mediodía, para informar a todo o mundo de cómo vai ser e en que vai consistir esta feira exposición, xunto coas xornadas técnicas e tamén o encontro empresarial e o Consello de Pesca, que se vai celebrar aquí en Burela”.

Na XIX Feira Náutico Pesqueira Expomar daranse cita 350 marcas de diferentes países e 5.000 profesionais do sector.

expomar 2023 cartel
0.21200513839722