A XIII edición do Curso de Jazz e Música Moderna de Ribadeo chega ao seu fin

AMariñaXa
Entre o alumnado houbo tanto ribadenses como participantes procedentes de localidades como Foz ou Vegadeo
jazz-ribadeo
8 Jul 2025

Ribadeo despediu a décimo terceira edición do Curso de Jazz e Música Moderna cun concerto de clausura que reuniu no escenario a alumnado e profesorado en distintas formacións.

O curso, organizado pola asociación cultural ribadense Bruar, contou coa participación de cinco recoñecidos músicos que exerceron como docentes: Sergio González (batería), Pablo Castaño (saxo), Felipe Villar (guitarra), Cristina Montull (piano) e Ángeles Dorrio (voz). Entre o alumnado houbo tanto ribadenses como participantes procedentes de localidades como Foz, Vegadeo, Castropol e A Coruña.

Rubén Solloso, presidente da asociación Bruar, fixo un balance moi positivo desta edición: “cunha matrícula dentro do esperado e moi ben distribuída por seccións, o que nos permitiu que os tres días de traballo foran moi produtivos”. Sobre o concerto de clausura, destacou: “Creo que tanto participantes como público disfrutaron dun rato moi entretido; segundo algún dos músicos, foi un concerto onde se sentiu enerxía no escenario”.

A cita volveu consolidarse como un espazo formativo e artístico de referencia na comarca, cun ambiente de aprendizaxe e creatividade que tivo o seu colofón sobre as táboas.

⚙ Configurar cookies
0.12798404693604