A XI Carreira das Praias bateu récords de asistencia con 400 participantes

AMariñaXa
A seguinte proba do circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros será a 1/2Km Vertical Monte Comado
carreira-das-praias-barreiros-2025
19 Apr 2025

O circuíto de carreiras populares +KmsBarreiros segue a medrar e a consolidarse como un referente nas carreiras populares da Mariña, Lugo e occidente Asturiano.
A segunda proba do calendario, a XI Carreira das Praias, celebrouse o pasado domingo na praia de Coto e acadou unha cifra de participación récord con 400 persoas entre a andaina, as carreiras de menores e a proba absoluta.

A proba foi organizada pola Asociación Cultural e Deportiva Praias de Comado e contou coa colaboración do Concello de Barreiros, a Vicepresidencia da Deputación Provincial de Lugo, a Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia, da Peña Barcelonista San Miguel e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Barreiros.

Dani García, concelleiro de dinamización e participación veciñal, destacou a excelente acollida que están a ter as probas do circuíto. “A participación foi moi boa e é unha clara mostra de que o deporte popular e a posta en valor do noso entorno natural van da man. O circuíto de +KmsBarreiros estase consolidando coma unha ferramenta que nos permite promover hábitos saudables ao tempo que damos a coñecer espazos fermosos de Barreiros que fomentan o turismo desestacionalizado”.

Logo de terse disputadas 2 das 6 probas que ten o circuíto, as clasificacións amósanse moi igualadas polo que a emoción aumenta para a seguinte carreira que será a 1/2Km Vertical Monte Comado. Unha proba, cun percorrido de 4 km e un desnivel positivo de 500 metros, é das máis singulares e ofrece unhas vistas espectaculares da rasa costeira que non deixan indiferente a ninguén.

Clasificación xeral da Carreira das Praias:

Feminina:

  • Lourdes López Villar
  • Mónica Cabanela Ramudo
  • María García Gómez

Masculina:

  • Alberto Arias Freije
  • Alfonso Rodríguez González
  • Jonathan Fernández Ríos

Clasificación xeral do circuíto:

Feminina:

  • Lourdes López Villar – 500 Puntos
  • Mónica Cabanela Ramudo – 425 Puntos
  • Miriam Folgueira Rico – 360 Puntos

Masculina:

  • Álvaro Pico Fernández – 354 Puntos
  • David Manuel Martínez Rodil – 354 Puntos
  • Oscar Murado – 348 Puntos
⚙ Configurar cookies
0.15801310539246