A X Xuntanza de Clásicos de Mondoñedo será o 22 de xuño
Mondoñedo acolle una nova edición da Xuntanza de Clásicos que chega a súa décima reunión. Esta cita será o sábado 22 de xuño na praza da Catedral aínda que a organización non deu máis información polo momento.
A organización aínda non avanzou o programa pero previsiblemente comezará ás 10.00 horas coa recepción e inscrición de vehículos, entrega de tíckets para a comida e sorteos de agasallos. Despois haberá uns pinchos, a ruta, o xantar e ao finalizar a entrega de premios e agasallos.
Para anotarse haberá que chamar ao 629 808 751 ou 636 496 439. Esta organizado pola Asociación de Clásicos Mindoniense Mira e anda en colaboración do Concello de Mondoñedo.