A X edición do festival Osa do Mar de Burela chega cargada de actuacións musicais en setembro

AMariñaXa
Os organizadores avisan aos interesados que “non se durman para mercar as entradas, xa que se leva vendido máis do 60 % do aforo”
presentacion-osa-do-mar-festival-2023
18 Xul 2024

O X Festival Osa do Mar 2024, que terá lugar os vindeiros 6, 7 e 8 de setembro, presentarase na Praza da Mariña de Burela, no que estarán representadas institución, empresas patrocinadoras e a Asociación Cultural Fanto Fantini.

Despois do acto terá lugar na mesma praza a actuación do grupo ABRIL, un directo enmarcado dentro do acordo de colaboración establecido entre Mahou e a Fundación Paideia, co obxectivo de apoiar o talento e impulsar proxectos musicais incluídos dentro dos programas de aceleración promovidos pola Fundación.

Tamén se quixo dar as grazas aos pequenos patrocinadores que colaboraron co Festival a través de diferentes fórmulas e desde Fanto Fantini animan ás empresas a que sigan mercando o Bono A Marosa para empresas colaboradoras.

Os organizadores avisan aos interesados que “non se durman para mercar as entradas, xa que se leva vendido máis do 60 % do aforo” destacando “o ambiente que cada ano se crea en un evento que é moito máis que un festival”.

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, felicitou aos promotores, “porque grazas ao seu empeño o Osa do Mar figura entre os festivais de música máis consolidados no panorama da Mariña”. Remarcou que a cantidade de público que acude a Burela para desfrutar dos concertos xera un impacto positivo na economía local.

O delegado tamén gabou “a aposta que fan pola música en galego e feita desde Galicia”, coa presenza de artistas consagrados como Iván Ferreiro xunto con outros como Tanxugueiras, Mondra, Grande Amore ou The Rapants.

Por último, Arias asegurou que dende hai anos o Goberno galego está a contribuír á celebración de eventos deste tipo en moitos concellos da provincia co obxectivo de que a programación cultural chegue a todo o territorio.

CONSULTA TODO O PROGRAMA PREMENDO AQUÍ

0.12613010406494