A voz dos alcaldes: José Luis Pajón Camba, rexedor de Ourol

AMariñaXa
O rexedor fala da súa traxectoria política e dos retos do municipio, como a Residencia de Maiores, sempre coa proximidade e a entrega que di caracterizalo
OUROL-PSOE-Jose-Luis-pajon-Camba-2025
23 Nov 2025

Como se iniciou na política e como se vinculou ao seu partido.

Comecei a colaborar na política municipal nas primeiras eleccións municipais democráticas ala polo ano 1979, na terceira convocatoria electoral das municipais na que xa se presentou o PSOE me afiliei ao partido e desde ai ata o día de hoxe.

Como deu o salto o recibiu o impulso para ser alcalde?

Pois nas municipais de 2015 tocoume encabezar a candidatura e conseguimos gañar as eleccións con 4 concelleiros, o PP 3 e CxG 2.

A nivel persoal, que sacrificios supón formar parte do Goberno do Concello?

Como calquera traballo solo que aquí debes de estar pendente das cousas as 24 horas, pero no meu caso, o fago con gusto.

E beneficios?

Reconfórtame moito o cariño e o recoñecemento da xente, que valoren o teu esforzo e iso e moi gratificante.

Cales son os seus obxectivos a nivel político?

As meus obxectivos políticos xa están cubertos, ser alcalde do teu pobo é o máximo obxectivo político que creo que a calquera que lle guste este mundo debe aspirar. No meu caso xa está cumprido.

E como Goberno de cara á próxima lexislatura?

Gustaríame que na próxima lexislatura o proxecto da Residencia de Maiores de Ourol xa estea en funcionamento, estou seguro de que así será pois conto co compromiso da Deputación de Lugo e do seu presidente.

Está a favor dos pactos para conformar un Goberno estable?

O dialogo é unha ferramenta moi importante en política, e para conformar gobernos estables e necesario dialogar e chegar a acordos, pactos, etc, sempre pensando no mellor para os veciños.

Cales son as principais liñas do seu programa?

A mellora da atención os nosos maiores, aínda sendo unha competencia impropia dos concellos pero nos implicámonos en axudar e mellorar a calidade de vida. Tamén a ampliación e mellora de traída de auga municipal, intentaremos comezar con algún saneamento, mellorar as nosas estradas, axudar ás asociacións, mellorar o alumeado publico, etc.

Cales considera que son as principais necesidades no seu concello?

Como xa dixen, é moi necesario un centro de maiores, e é tamén imprescindible unha atención sanitaria como en calquera capital, pois temos unha atención primaria deficiente porque non se cobren as horas de médico. Tamén é necesaria unha boa cobertura móbil e de conexión a Internet, e atallar desde as administracións competentes a despoboación aplicando políticas potentes para que instalarse a vivir no rural sexa un aliciente.

De que proxectos se sente máis orgulloso?

A verdade, de todo o que se fixo. Reahabilitáronse as antigas escolas, melloráronse os edificios municipais, ampliáronse traídas de augas, Todos estes proxecto son importantes.

Que lle gustaría que os veciños visen en vostede como alcalde?

A unha persoa próxima, que me vexan como un veciño máis, porque que o son.

Como é a súa relación coa oposición?

Boa, totalmente correcta, con moito respecto e educación. En resumen temos bo rollo.


EN CLAVE PERSOAL

  • Idade, estado civil e familiar
    Teño 68 anos, son viúvo e teño dous fillos
  • Profesión e formación
    Fixen bacharelato superior e estiven moitos anos traballando de auxiliar administrativo, repartidor de supermercado, etc.
  • E si non foras alcalde que che gustaría ser?
    Tal vez estudaría un FP de electricidade
  • Que quería ser de maior?
    Quería ser alcalde de Ourol.
  • Que fas para desconectar?
    Camiñar ou charlar cos amigos
  • Unha virtude e un defecto.
    Son unha persoa sincera e de palabra, e defectos iso terán que dicilo os demais, pero creo que teño moitos.
  • Un consello para compartir.
    Que hai que escoitar moito os maiores, as súas experiencias son todo unha fonte de sabedoría.
  • Un libro.
    Los Santos Inocentes de Miguel Delibes.
  • Unha película.
    El Padrino.
  • Un grupo de música.
    Joaquín Sabina.
  • Unha afección.
    O mundo dos cabalos.
  • Un lugar que visitar.
    Roma.
  • Unha comida e unha bebida.
    O polbo galego, e un viño da Ribeira Sacra.
  • Unha personaxe admirada.
    Enrique Tierno Galván.
  • Unha posesión prezada.
    A amizade.
  • Un desexo.
    Paz no mundo.
  • Algo para esquecer.
    Non teño que esquecer, os feitos que ocorren ao longo da vida quedan aí.
  • Que é o que máis valora nunha persoa?
    A lealdade.
  • Como equilibras a vida pública e a privada?
    Pois é difícil pero as obrigas hai que atendelas e despois dedicas o resto do tempo a cousas persoais.
  • Usas redes sociais e Whatsapp?
    Só Whatsapp.
  • Un desafío pendente.
    Non teño ningún.
  • Onde te ves en cinco anos?
    Pois non o sei, non son adiviño para dicir onde estarei.
⚙ Configurar cookies
0.070991039276123