A Volta Ciclista provocará cortes de tráfico a partir das 14.00 horas

AMariñaXa
Viveiro informa sobre as restricións de cortes de tráfico con motivo da Volta Ciclista a Galicia que transcorren polo termo municipal.
cortes trafico sinal
17 sep 2021

Concello de Viveiro informa sobre as restricións de cortes de tráfico con motivo da Volta Ciclista a Galicia en vías que transcorren polo termo municipal e que se levarán a cabo este sábado 18 de setembro, entre as 14:00 e as 15:30 aproximadamente.

Concretamente, os cortes de tráfico realizaranse nos tramos da LU-540 (estrada Muras-Viveiro), ao seu paso por Landrove, en dirección Chavín, a través da LU-161 (estrada Viveiro-O Valadouro).

0.18339705467224