A volta ao colexio, almorzos saudables

AMariñaXa
Por Noel López Pinín Ola de novo lectores, espero que esteñades disfrutando do verán, a verdade é que pasa demasiado rápido e debemos exprimilo ao máximo posible.
10 sep 2019

Por Noel López Pinín

Ola de novo lectores, espero que esteñades disfrutando do verán, a verdade é que pasa demasiado rápido e debemos exprimilo ao máximo posible.
Non me gusta ser “corta roios” pero hoxe vamos a falar da volta ao cole dos máis pequenos da casa, vamos a falar de almorzos saudables para cargalos a tope de enerxía e que rindan ao 100% tanto a nivel físico como a nivel intelectual mostrando unha boa capacidade de atención e retención.
Sen dúbida os almorzos son unha “loita” para a maioría de pais , uns non queren comer, outros non queren comer mais que alimentos procesados como galletas , pasteis etc
Antes de nada debemos matizar que os almorzos ao igual que a nutrición en xeral están demasiado cargados de mitos nutricionáis, é certo que os almorzos son a primeira comida do día e de ser así pois tamén é certo que o idóneo será aportar unha comida variada, nutritiva e enerxética , pero comida enerxética non é sinónimo de comida rica en azucre, non debemos caer na trampa da industria alimentaria “ el desayuno de los campeones”, ditos almorzos son ricos en azúcre añadido, graxas hidroxenadas , en definitiva alimentos que non son nutritivos e que poden provocar unha hiperactividade nos máis pequenos da casa e desembocar nun maior déficit de atención.

LÁCTEOS. Mellor lácteos enteiros é de calidade, dentro da leite o idóneo será recurrir a unha leite Eco e tamén será moi interesante recurrir a outras opcións de leite como por exemplo a leite de cabra ou de ovella , son leites mellor toleradas a nivel dixestivo e ademáis son moi ricas en vitaminas e minerais, pero cando falamos de lácteos non debemos caer sempre en asociar lácteo a leite, tamén debemos tirar dos derivados lácteos como os iogures , queixos, kéfir..

FROITAS. As froitas sempre mellor enteiras que en zume, dentro dos zumes é certo que debemos diferenciar entre os comerciáis con azucre añadido e os zumes elaborados na casa que a pesar de non ter azucre añadido, non podemos equiparalos a tomar unha peza de froita enteira xa que ao tomalo deste xeito estamos deixando de inxerir a pulpa co cal estamos eliminando gran parte da fibra de esa froita, si queremos tomar a froita en zume a mellor opción será facer un batido ou ben exprimir a froita e despois anadir a pulpa ao zume, facer un licuado de froita nunca será a mellor opción.

PAN E CEREAIS SIN REFINAR. Hidratos de carbono saudables, sempre serán un bon aliado na dieta dos pequenos , pan elaborado con fariñas integrais, non importa que sexa unha mezcla de diferentes fariñas sempre e cando todas sexan integrais , o que non pode é conter unha mezcla de fariñas nas cales unhas son integrais e outras non, a industria alimentaria recurre moito a este “ engaño” , por exemplo un pan elaborado con fariña de trigo integral e fariña de trigo (non integral).
Cando cito cerais non me refiro aos típicos cereais procesados , si non a cereais como a avea, trigo sarraceno, centeo , arroz inflado… ditos cereais vádelos atopar en herboristerías , tendas ecolóxicas así como cada vez son máis os supermercados que empezan a apostar por este tipo de alimentos.

GRAXAS SAUDABLES. Chute de enerxía , incluir nos almorzos alimentos como o aguacate, froitos secos, aceites vexetais virxen extra ou incluso alimentos non habituáis na nosa cultura de alimentación pero que son moi interesantes como os ovos!!

LEGUMES. Porque non incluir legumes nos almorzos? Si falamos de que queremos un almorzo completo e nutritivo que mellor alimento que as legumes para dito cometido, ricas en proteína, hidratos saudables, graxas saudables, ferro, magnesio e así podríamos seguir un bon cacho enumerando as propiedades nutritivas de este super alimento.

EXEMPLOS DE ALMORZOS. Revolto de 1 ovo + 1 puñado de fabas + froita.
1 tostada de pan integral con aguacate + noces + froita.
Porridge de avea .
1 taza de leite con cacao puro + copos de maíz eco + froita.
1 iogurt + galletas elaboradas en casa + froita.

CONSELLOS. Dar exemplo na casa, almorzar con eles. Que os almorzos sexan un momento divertido e sobre todo que sexan conscientes do que comen e o motivo polo cal o comen. Elexir alimentos saudables e apetecibles para os nenos así como coidar a presentación do plato, será mais fácil que o coman
Premiar a boa conducta do neno mostrando entusiasmo , será suficiente con palabras como “que ben campeón/a” ou mismamente unha mostra de afecto como un abrazo.
Espero que vos sirva de axuda e de verdade espero que o levedes a cabo xa que instalar hábitos saudables en estas idades van a resultar moi beneficiosos para a saude dos pequenos e para o seu crecemento, grazas unha vez máis e ata o próximo número.

0.17347311973572