A viveirense Maruja Mallo xa conta co seu selo en Correos

AMariñaXa
O Concello de Viveiro acolle este o 15 a presentación oficial do Selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie Mujeres en el Arte
presentacion selo maruja mallo viveiro 2023 1
15 Mar 2023

O Concello de Viveiro acolleu a presentación oficial do selo de Correos dedicado a Maruja Mallo dentro da serie Mujeres en el Arte. Correos emite este selo poñendo en valor a figura dunha das maiores expoñentes do cubismo e o surrealismo en España, que formou parte do grupo de mulleres artistas denominado ‘Las Sinsombrero’.

Exemplo de compromiso, rebeldía, transgresión e loita pola igualdade, Correos elixiu a Maruja Mallo para esta colección de #8MTodoElAño, dedicada a figuras emblemáticas na defensa dos dereitos da muller como Clara Campoamor, Isabel Zendal, Almudena Grandes ou Concepción Arenal.

O selo dedicado a Maruja Mallo terá unha tirada da 125.000 obras e tanto o mataselo como o sobre estarán a disposición de todos os interesados na Oficina de Correos de Viveiro. Tamén se pode adquirir a través de Correos Market, contactando co Servicio Filatélico no e-mail atcliente.filatelia@correos.com ou chamando ao 915 197 197

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou a figura da artista Maruja Mallo, “unha das pintoras do movemento surrealista español máis importantes do século XX”.

Rodríguez participou na presentación do selo dedicado a esta viveirense, enmarcado na serie `Mujeres en el arte´ que visibiliza a mulleres emblemáticas na loita pola igualdade. No acto, tamén participaron a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro; o Deputado Provincial, Roberto García; a directora de Filatelia de Correos, Leire Díaz; a concelleira de Cultura, Lara Fernández; e o cronista oficial do municipio, Carlos Nuevo.

presentacion selo maruja mallo viveiro 2023 2
Sello_MARUJA MALLO_B1M0_HR
0.18791604042053